TexTos Que CoBran ViDa Y se ConVierTen En EsTreLLaS de La MuerTe
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 07 de Marzo de 2006
Despedíronse as horas unhas de outras.
Temblaron catro segundos sobre a agulla do reloxo.
Era demasiado tarde.
Máis ben, sempre era demasiado tarde.
A pequena bolboreta vivía entre recordos e esquecía o presente nun suspiro. Os momentos saltaban uns sobre outros nunha carreira que se perdía. Esperaba tanto o futuro que se disolvía nun album de fotos que xa non se podían modificar. Aí quedaban grabados cada aleteo.
Sempre era demasiado tarde para volver atrás e recuperar as bágoas que quedaran no pétalo de cada flor.
A pequena bolboreta mirou pola fiestra.

Non era capaz de mirar as gotas de chuvia.
Sempre era demasiado tarde para vivir o raio de sol. Había un futuro de nubes dispersas que tapaban as estrelas, e fotos de bágoas de chuvia amontoadas en charcos sobre pedra.
A pequena bolboreta non era capaz de vivir máis así. Unha vez máis deixou que o presente a atrapara irremediablemente. Un aleteo. Dous.
Xa non tiña forzas para loitar contra o futuro. As luces reflexadas nos charcos de chuvia lle facían dano.
Sempre era demasiado tarde para vivir. E así sen darse conta, a pequena bolboreta convertiuse en eterno pasado.
Dous tic-tacs que se desmaiaron.
O tempo parouse só para a ver marchar.
Por: RaZoN? | SuRReaLisMos | Comentarios (2) | Referencias (0)
Mañán a volvoreta espertará de novo, espertará ás demáis, e o sol relucente e rechamante daralles forza para facer que as horas sexan ouro para o ventre... amencer!! jiji
1bikiñoo
[Pirata_griS] | 14-03-2006 00:31:05
[RaZóN] | 15-03-2006 02:12:50