TexTos Que CoBran ViDa Y se ConVierTen En EsTreLLaS de La MuerTe
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 16 de Marzo de 2006
A ver... di que si.
Xa sei que a veces as horas non pasan tan xuntas como deberían, que se saltan espacios en branco, que xogan co tempo e se perden e se buscan e se atopan. Pero non é motivo para que deixes de cheirar cada mañá a tela da que están feitos os soños. Disque cheira a distancia.
Xa sei que as burbullas que pretenden explotar contra o teu alfinete non te obedecen e siguen flotando nube tras nube. Pero non é motivo para deixar de soplar e crear novos inventos ó atardecer. Disque son laranxas.
Xa sei que hai moitos silencios entre o aire que se desliza no meu momento e as cordas que chocan contra o tímpano dun instante posterior. Pero tamén hai sorrisos que xogan a facer malabares entre miradas atadas por lazos de cera e outros xestos que rompen cristais indefinidos de tristeza. Disque pode ser que mereza a pena, aínda que só sexa aprender a vivir facendo raias no cristal máis groso.
Veña... Si...
Por: RaZoN? | SuRReaLisMos | Comentarios (2) | Referencias (0)
metodi matut | 28-03-2006 12:40:37
dulce e salado
completamente sen semis [ti eres dulce]
[mi dulce razón a qe qero moito]
sigue escribindo tan ben !!!!!!!
kumk | 29-03-2006 12:12:47