Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

[ARaNdeLaS]

Acerca de

TexTos Que CoBran ViDa Y se ConVierTen En EsTreLLaS de La MuerTe

Búsqueda

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Domingo, 28 de Maio de 2006

Tres InSoMniOs




AsTeRisco

SoRRío

AsTeriSco


E deixei todos os papeis aparcados, eles quedaban esperando por ti.

Non tiña forzas, o pequeno mosquito de inverno, para aturar un día mais aquela calefacción.

Pensaba... Miraba os seus ollos cara adentro cada tres minutos, e preguntábase cantas bágoas máis caberían alí dentro.
¿estaban os seus ollos medio baleiros ou medio cheos?
Nunca comprendera a diferencia.
Sempre sorría, pero porén, sempre gardara algo moi moi triste, o peor dos destinos, nalgún rincón da súa pequena alma de mosquito.
Así, sentiuse o animal máis feliz o día que aquela mosquita lle sorrira por primeira vez, mirándoo dende unha folla pousada na superficie dun charco.
Así, o día que a viu zugar o sangue a un can, e como a pata de este a aplastaba nunha milésima de segundo, tampouco conseguiu chorar.
Era aquela voz, a que sempre lle decía... "xa o sabías"

Xa sabía que non duraría para sempre, nin aquel sorriso primeiro, nin as palabras que xamais decía e sempre chegaba a escoitar.

Aquela voz, non era a súa conciencia, era o seu sentido pesimista, que se agochaba baixo a felicidade para saír nos momentos menos esperados. a aquel sentido pesimista tamén lle chamaban realidade, e eran poucos os que sabían convivir con el, a pesar de que sempre estaba aí, en todas partes.

Por: RaZoN? | SuRReaLisMos | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009