TexTos Que CoBran ViDa Y se ConVierTen En EsTreLLaS de La MuerTe
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 22 de Xuño de 2006
De luz de aceituna foi como se vestiu para o baile máis importante o que serían os seus pés dirixidos.
Un baile que celebraba que os vasos xa podían gardar máis que líquidos, que había gotas que non volverían a caer por un tempo, nin dos ollos, nin do ceo.
Pasaran cerca de doce follas de libreta cuadriculada cara o futuro, cando se deu conta de que xa non tería que escribir máis coa zurda.
Agora o esperaban castelos e castelos, agochados dentro de princesas de mentes de grandes altitudes, mentres os príncipes buscaban formas de dragóns nas nubes.
Si, era verán, dixo a leituga. E xa non lle quedaron moitas mais sentencias por cumprir, salvo os cargos de verde e de verdura.
Atopábase mal do estómago, eran demasiados os versos absorvidos, as iniciais formando cadeas de pentagramas de pensamentos oníricos e onanistas os que non lle deixaban respirar perfectamente polas orellas.
Deulle un mordisco a unha galleta, en todo o pescozo. E aí comezou realmente o verán.

Por: RaZoN? | SuRReaLisMos | Comentarios (0) | Referencias (0)