TexTos Que CoBran ViDa Y se ConVierTen En EsTreLLaS de La MuerTe
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 16 de Setembro de 2006

Perdicheste da ruta.
Os teus pasos eran só sombras de pasos. Deixaban de marcar un camiño, desordenábanse. Acumulábanse en círculos que nin sequera eran capaces de pecharse. E que podías facer?
Ter sorte, coma sempre.
Claro que non era de esperar que naquel lugar alonxado ata da maldade foses atopar siquera un ser. Mais ali estaba, peinándose, aquela fada, nas augas oscuras. Como se podia ver reflexada? Certamente son outros sentidos.
Claro que non había dudas de que o amor aparecería. Faltaría mais. Dous seres perdidos, chocando os seus destinos. Si, mm, destino, encantalle xogar a esas cousas. En canto tropezan dúas casualidades e se miran os ollos fixamente, pam, os sensores de destino comezan a acenderse.
Onde estou? No lago Sabes como sair daqui? Eu non sei como cheguei aqui.
Si. Asi foi. A sombra pechou o círculo e deu a volta outra vez. Mentres a fada, pousou o cepillo e atouse o pelo cunha herba moi brillante. A verdade é que nunca máis se volverian a atopar.
Por: RaZoN? | SuRReaLisMos | Comentarios (0) | Referencias (0)