TexTos Que CoBran ViDa Y se ConVierTen En EsTreLLaS de La MuerTe
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Domingo, 28 de Outubro de 2007
Eramos un
dous.
TreS
Quizáis VinTe. Ás VeCes CoRenTa.
AGoRa ningún.
E sen decatarme fun perdendo as palabras.
Deixaron de acudir
deixaban paso a imaxes
a blasfemias
a nadas
e a vida quedara atrapada nelas
e asi cada vez estaba máis atrapada, pero non o sabía.
Quedaban... fotos
momentos
recordos
un xersei
unha flor
unha nota desafinada
unha miga de pó
pero non alimentaban o vivir.
Un día me sentin morrer. As luces máis brancas cubrírono todo de
escuridade. O camiño andado era o correcto. Os quilometros
percorridos os maiores en menos cantidade de tempo.
Pero faltaban paisaxes.
Faltaban palabras contando a viaxe
Faltaba equivocarse de camiño para ter algo que contar
Era unha palabra pequena, burbulla.
Mais saiu por fin.
Foi a primeira de moitas palabras, pero por fin volvían
a nacer.
Por: RaZoN? | SuRReaLisMos | Comentarios (1) | Referencias (0)
Din con este blog por casualidade viaxando a partir do de José, estou encantada de comprobar o ben que escriben estes exalumnos do F.S. Gustoume moito esta entrada...hai que seguir escribindo... SuRReaLisMos
CELIA | 07-11-2007 00:06:19